Despois de ter superados os
módulos formativos do Obradoiro Sociosanitario, comezámo-las prácticas o día 10
de maio. Realízamos estas prácticas nos
centros Pai Menni e na Residencia García Hermanos, ambas situadas
no concello de Betanzos.
Eu
comencei as miñas prácticas na Residencia García Hermanos, na planta segunda,
onde actualmente hai 43 usuarias con distintos grados de dependencia. Tiven a
gran sorte de contar co apoio da miña compañeira Begoña, o cal, xunto ó gran
equipo de traballadoras do Centro, facilitou moito a miña adaptación ao ritmo
de traballo. A primeira semana, sempre acompañada por traballadoras do centro,
colaborei nas tarefas de aseo, alimentación, cambios de pañal e traslados das usuarias. Aprendinme os nomes
de tóda-las usuarias para poder dirixirme a elas e adapteime moi ben ó Centro.
Pouco a pouco fun gañando soltura e xa nas seguintes semanas puiden ir facendo
moitas tarefas sola, sempre supervisada polas traballadoras da institución.
Creo que é fundamental conectar coas usuarias e coñecer as súas características
persoales para que o resultado do traballo sexa satisfactorio para ambas
partes.
O
día 11 de agosto tivemos os primeiros casos positivos de Covid 19 na planta.
Foron días de moita tensión e moito caos para tod@s. Púxose en marcha o
protocolo de actuación previsto para estos casos e Begoña e máis eu decidimos
traballar como voluntarias dada esta situación de emerxencia, facendo uso dunha
semana das nosas vacacións.
A
maior recompensa que se pode ter, é ver que as usuarias están contentas, que te
coñecen e que confían en tí. Foi unha gran experiencia tanto laboral, persoal,
coma de traballo en equipo e a maior satisfacción é que nos sentimos parte dese
gran equipo de traballo da segunda planta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario